O peixe que sorría

Hoxe vimos este corto dun conto de jimmy Liao un escritor do que moito nos fala Palmira.

Fala este conto dun peixe moi especial, vede o conto e a ver si vedes o que Palmira nos contou:

“O peixe que sempre sorrí fala de liberdades, do noso propio ser, de darlle liberdade o noso ser e  as persoas   que temos preto.

As veces temos preto de nós a persoas cheas de sorrisos que facilitan e iluminan as nosas vidas e eso é unha sorte, máis a sorte de verdade e que un día caiamos na conta de como o consigue, ohhh maxia, contaxiounos!

Hai xentiña, como digo eu, que naciu para ser libre, como un peixe no mar, que está ahí para ensinarte que todo o que te rodea está ahí e que ten a súa fermosura tal como é, e que se abres os ollos e sabes ollar como bo peixe de ollos saltóns, podes sorrir sempre. Como o peixe de Jimmy Liao que leva o homiño por toda a súa cidade e ensinalle que o mundo o que pertence é fermoso  que so ten que saber ollar.

Oh, non podemos amarrar, por moito que queramos a alguén ou a algo que nos acompaña e que nos fai os dias bonitos, non, as veces hai que deixar marchar e simplemente ser felices con nós mesmos e co feito de que un día coñecemos a alguén tan impresionante como o peixe que sorría de Jimmy Liao.”

Deixar un comentario