O noso propio secadoiro de peixe

Históricamente sempre se buscou unha maneira de conservar o peixe, primeiro para asegurar que os excedentes aguantasen para épocas de escaseza e despois para permitir o comercio con outras vilas e aldeas.

A conservación do peixe e oseu comercio foi un sector que sempre tivo unha grande importancia na economía de Galicia e hoxe Palmira quixo ensinarnos un novo metodo de conserva, os secadoiros das “follas de peixe” e nunca mellor dito.

Na nosa terra e a beira do noso mar, todavía se conservan secadoiros de peixe, coma estes que documentan o Proxecto Buseranas, e Palmira propuxo que todas as nenas e os nenos deste campamento fixeramos o noso propio secadoiro de peixe, o principio mirámoslle  un pouco raro, e despois cando vimos que sacaba unha caixa cunhas follas enormes, que seica son de Magnolio, aínda dixemos, pero esta muller, fálanos de peixes e de pesca e tráenos follas? Non cadraba.

Despois coa súa imaxinación e a nosa xa vimos que eran claramente peixes e puxémonos a traballar neles, como se dunha conserveira se tratase e este foi o resultado! Aquí tedes o noso secadoiro, a nosa conserveira e a noxa lonxa de peixe!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s